Amosando publicacións coa etiqueta RAG b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RAG b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 7 de maio de 2026
martes, 14 de abril de 2026
luns, 13 de abril de 2026
luns, 9 de marzo de 2026
COÑECEMENTO DO USO DA LINGUA GALEGA (IGE) 11/10/2024
COÑECEMENTO DO USO DA LINGUA GALEGA. (FONTE: IGE, 11/10/2024)
"O CASTELÁN XA É O IDIOMA PREDONIMANTE EN GALICIA" (PRAZA.GAL)
"AGORA OU NUNCA" (PRAZA.GAL)
A Xunta interpreta que o galego "segue a ser maioritario", a RAG urxe "un cambio de rumbo drástico" (PRAZA.GAL)
INFORME DA RAG
mércores, 24 de setembro de 2025
IRMÁS NA FALA Capítulo 1: Galeguistas organizadas. Micaela Chao Maciñeira
'Irmás na Fala' é unha serie web de catro episodios sobre o papel das mulleres nas Irmandades Fala, o movemento fundado na Coruña no ano 1916 que abriu un novo tempo para a defensa da lingua galega e de Galicia como suxeito político.A través de catro episodios que suman uns 90 minutos de cinema documental, 'Irmás na Fala' pretende contribuír ao coñecemento e recoñecemento das 'irmandiñas' que abriron camiños de futuro para todas, poñendo o foco nas historias de Micaela Chao Maciñeira, María Miramontes, Elvira Bao, Amparo López Jeán e Emilia Docet.'Irmás na Fala' é unha serie producida pola Real Academia Galega co apoio do Concello da Coruña e realizada por Nós TV.
domingo, 27 de abril de 2025
martes, 6 de agosto de 2024
LETRAS GALEGAS 2025
A Real Academia Galega (RAG) personifica a homenaxe en Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía) e as Pandeireteiras de Mens, de Malpica de Bergantiños, que son Prudencia Garrido, Asunción Garrido e Manuela Lema.
“A lingua galega continuou viva e vizosa durante séculos, malia as prohibicións e a súa desaparición do espazo oficial, porque o pobo galego a custodiou. En particular, as mulleres preservaron a lingua e crearon anonimamente unha poesía popular transmitida nas cantigas das avoas ás netas, das nais ás fillas, dunhas veciñas a outras”, salienta a proposta aprobada.
Nela enlázase a celebración vindeira coa deste ano a través dun verso de Luísa Villalta que sintetiza ese herdo transmitido dunha xeración á outra:
“As coplas aprendidas na saia da avoa”.
As nosas avoas e tataravoas foron as que durante séculos conservaron a nosa literatura oral durante os Séculos Escuros, xa o Padre Sarmiento no século XVIII apuntaba a importancia das nosas mulleres como transmisoras da nosa literatura popular. Este ano farémoslles a todas a súa merecida homenaxe.
sábado, 8 de outubro de 2022
sábado, 24 de abril de 2021
mércores, 21 de outubro de 2020
"O país dos nomes infinitos"
"Falamos da conservación da microtoponimia galega con Vicente Feijóo, coordinador do Galicia Nomeada e membro do Seminario de Onomástica da RAG, con Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística e con Xoán García Porral, coautor d' A paisaxe lendaria e toponímica do concello de Silleda canda o IES Pintor Colmeiro e o Museo do Pobo Galego."
mércores, 6 de maio de 2020
Sons da lusofonía na primavera 2020
domingo, 17 de febreiro de 2019
Concursos: RAG-PUNTO.GAL e COCA-COLA

Aínda estás á tempo de inscribirte na 11ª edición do Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto!
Fin do prazo de inscrición: 28 de febreiro
Proba escrita: 15 de marzo pola mañá
Aínda non te inscribiches na 11ª edición do Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto? Os centros escolares teñen ata o próximo 28 de febreiro para inscribir o seu alumnado para que participe no concurso. Se es profesora ou profesor de Lingua e Literatura cubre o formulario de inscrición do teu alumnado (lembra que son 2 por cada clase de 2.º de ESO) .
Para formalizar a inscrición no concurso é necesario que nos envíen por correo electrónico a folla de inscrición das dúas alumnas ou alumnos por clase seleccionados, xunto co seu DNI e o DNI da súa nai/pai ou titora/titor legal.
O enderezo de envío da documentación é: eecgrueiro@eu.ccip.com
domingo, 18 de novembro de 2018
"O desafío do primeiro discurso en galego da posguerra"
Ramón Otero Pedrayo nun momento da súa intervención na homenaxe a Rosalía de Castro celebrada en Santiago o 24 de xullo de 1951. Fonte: Arquivo da Real Academia Galega.
"Ningunha disposición legal prohibía nos anos 40 de forma expresa o uso do galego no mundo editorial, nin tampouco empregalo en certas tribunas públicas. Pero o que o franquismo non censuraba de iure censurábao de facto. O primeiro en desafiar esta norma non escrita nun acto público foi Ramón Otero Pedrayo. Aconteceu o 11 de novembro de 1949, na inauguración dun monumento a Lamas Carvajal co gallo do centenario do seu nacemento. Desde ese momento, as autoridades franquistas impediríanlle de forma reiterada empregar a lingua do país mesmo nos actos da Real Academia Galega."
Para continuar a ler tes aquí a ligazón á páxina da RAG con esta información.
xoves, 16 de febreiro de 2017
Os apelidos galegos castelanizados
"A Real Academia Galega (RAG) editou un libro, Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización, para a normalización lingüística dos apelidos que ao longo do tempo foron derivando en formas distintas ao orixinal, e que recolle un total de 1.500 nomes que conforman cerca do 90 % dos apelidos da poboación na Comunidade autónoma."
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



