Os alumnos de 2º de bacharelato Gonzalo Gómez, Ramón Vázquez, Alfonso Bea e Alberto Torres poñenlle unha música contemporánea dos Ramones e The White Stripres ás cantigas de amigo de Martín Codax e Mendinho.
luns, 28 de maio de 2018
"Remusicando cantigas de amigo"
Os alumnos de 2º de bacharelato Gonzalo Gómez, Ramón Vázquez, Alfonso Bea e Alberto Torres poñenlle unha música contemporánea dos Ramones e The White Stripres ás cantigas de amigo de Martín Codax e Mendinho.
luns, 21 de maio de 2018
xoves, 17 de maio de 2018
Compartámolas!
Estas palabriñas nun encerado do IES de Vilalonga no día de onte deixan constancia dunha pequena actividade que estaban a realizar os alumnos de 2º de ESO con citas dos libros de María Victoria Moreno. Neste caso, mentres os outros alumnos remataban a tarefa, un deles deixou esta cita no encerado ó chou e, sen querer, resume moi ben como a nosa lingua se non é para compartir cos demais non nos serve para nada.
Compartámola!
Compartámola aínda que cada nova xeira sexa un acto de rebeldía, posto que isto será o que nos fará únicos e diferentes, e singulares e instrasferibles nesta selva global que pretende devorar todas e cada unha das nosas diferenzas como se fosen pecados.
martes, 8 de maio de 2018
"O pensamento dominate"
MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO O pensamento dominante
Artigo de opinión publicado o 5 de maio de 2018 no Progreso
É urxente, fronte ao pensamento patriarcal dominante, establecer un sistema educativo que eduque en feminismo e en igualdade. O camiño será longo.
QUE TIPO de mentalidade posúe o maxistrado que exerceu o voto particular na Audiencia de Navarra en relación ao caso coñecido como ‘La Manada’? A mentalidade, sirva esta definición, é unha forma de entender a existencia mediante ideas e conviccións persoais que actúan como fundamento da mentalidade mesma. Ou dito doutro xeito, e seguindo as palabras do antropólogo e xurista Jaime Richart, a mentalidade é un conxunto de ideas fundamentais que configura o pensamento dunha persoa, dunha colectividade ou dunha época. E ben se sabe que existe unha ideoloxía dominante que acaba por formar parte da paisaxe social con certa naturalidade e con certo marchamo corrente e aceptado.
O pensamento dominante na sociedade actual é de clara matriz patriarcal e proxecta unha mentalidade que incorpora a existencia dunha superioridade e autoridade do home sobre a muller tanto no sistema familiar como no espazo público, de xeito que se manifesta un dominio masculino institucionalizado sobre o corpo feminino, controlándoo e someténdoo a unha apropiación, sexa mediante imperativos pacíficos ou mediante o uso directo da violencia nas súas múltiples manifestacións.

É urxente, fronte ao pensamento patriarcal dominante, establecer un sistema educativo que eduque en feminismo e en igualdade. O camiño será longo. Mais as relacións de dominio dun sexo sobre outro están sentenciadas. O androcentrismo non ten futuro. A forza e a lucidez das mulleres xa nos están marcando o camiño.
mércores, 2 de maio de 2018
"Negociar sexo por vida. Sexo sen consentimento é violación"


Ademais de escoitar o vídeo da socióloga e psicóloga social, Inés Hercoivich, paga pena ler aquí o artigo da xornalista Teresa Domínguez que se basea nel.
venres, 27 de abril de 2018
TRES TEXTOS LITERARIOS GALEGOS PARA UNHA SENTENZA INXUSTA
Tres textos da literatura galega para explicar unha sentenza inxusta:
- O relato "Os lobos" (A lus do candil) de Ánxel Fole
- O poema"Pilleina entre os pinos"(Queixumes dos pinos) de Eduardo Pondal
- O poema "A xustiza pola man"(Follas novas de Rosalía de Castro.
mércores, 25 de abril de 2018
A compañía Chévere foi Premio Nacional de Teatro no 2014
A nosa compañía de teatro Chévere, que conta xa con máis de 25 anos de traxectoria escénica, foi galardoada no 2014 Premio Nacional de Teatro.
Obras como "Citizen", "Erurozone" ou "Ultranoite no País dos Ananos" foron recoñecidas polo xurado pola súa capacidade na transgresión de xéneros. Así mesmo, salientouse a súa faceta humorística e participativa "sempre conectada coa realidade social e económica" e o seu "forte compromiso" co ámbito cultural galego.
"Eroski Paraíso" é a súa última obra.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)