luns, 28 de novembro de 2016

A superprodución "Arrival" fala do Reino de Galiza


A película americana "Arrival", estes días nas nosas carteleiras de cine,  cun orzamento de 47 millóns de dólares, preséntase como unha das grandes superproducións deste 2016 con posibilidades para gañar algún Óscar de  Hollywood. 

Nela, a protagonista do filme, Amy Adams, unha profesora universitaria de lingüística, refírese ao Reino da Galiza como a orixe da lingua portuguesa na Idade Media, Adams refirese a nós, xusto no momento inicial da película.

En concreto, Louis Banks (así se chama a profesora protagonista do filme) explica ós alumnos: "Hoxe imos falar do portugués e por que soa tan diferente das demais linguas romances. A historia do portugués tivo o seu inicio no Reino de Galiza, na Idade Media. Daquela a lingua considerábase unha expresión artística".

Ningún comentario:

Publicar un comentario