martes, 7 de febreiro de 2023

"Adiós, fritos; adios, postres "


"Adios, fritos; adios, postres;
adiós, os pratos sen grelos;
adiós, vista dos meus mollos:
non sei cando nos veremos.
Miña freba, miña freba,
freba coa que me eu criei,
touciñiño que quero tanto,
pataquiñas que prantei,
xeados, fritos, larpeiras, 
flans que como a cento, 
untiños e licores, 
cociñiña do meu contento,
pinchiños dos bares, 
doces e cañas de vagar, 
montaña de filloas
da tixoliña do lar,
natilliñas con galletas 
que eu zampaba con ardor, 
chocolatiños con pan de millo, 
¡adios, para sempre adios!
¡Adios lorza! ¡Adios contento! 
¡Deixo a pasta que cocín, 
deixo a dieta que coñezo
por un mundo verduril!"

Rosalía de Castro ft. Conchi García


Despedimos os excesos do Nadal e xa nos achegamos ó Entroido con composicións burlescas como esta tan enxeñosa que se serve do "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario