domingo, 28 de maio de 2017

Novas formas de celebrar as Letras

As de Viveiro sempre na vangarda, ideando novas formas de celebrar as Letras Galegas. O que era unha actividade do grupo de Jumping tivo repercusión en todos os medios de comunicación con nomes do máis variado como "muñeirafitness" ou muiñejumping". Deixo aquí as palabras literais da responsale do ximnasio Lorena Díaz e darlle os parabéns da nosa parte.

 "Nunca imaxinei que fose tan visitado e compartido un simple video coma tantos outros que publico ao longo do ano co fin de amosarvos un pouquiño do que facemos día a día na sala. Quero agradecer á miña xente a súa involucración en cada proposta que fago e tamén o cariño recibido por parte de todas aquelas persoas que no día de ontes comentaban e compartían unha e outra vez o video. O 99,9% dos comentarios ao respecto foron bos, aínda que coma en todos os ámbitos a ignorancia sempre ten cabida e como din é moi atrevida... 😂😂 Esas "labregas" son xente de a pé que veñen a desconectar da súa rutina diaria todos os días con nós, non son profesionais da danza nin moito menos, (para iso xa temos a actividade de Baile Tradicional Galego), elas pertencen ao grupo de Jumping e con esta disciplina veñen a exercitarse, a divertirse e a deixar a mente libre de preocupacións e problemas aínda que só sexa por unha hora ao día... BRAVO POR ELAS E POR TODO O EQUIPO E XENTE QUE DA VIDA A SALA 5!"

Ningún comentario:

Publicar un comentario