mércores, 13 de decembro de 2017

Do Pergamiño Vindel ó dixital



Xa está en marcha a nova convocatoria para o CONCURSO DE ADHESIVOS da Coordinadora de EDLG do Salnés.

Este ano o tema é "DO PERGAMIÑO Ó DIXITAL"

Con este tema preténdese reivindicar o  noso patrimonio literario medieval e a súa vixencia na era dixital. O pergamiño era o soporte técnico da Idade Media, hoxe trasladaremos as sete cantigas de Martín Codax ós soportes contemporáneos (tabletas, móbiles, plataformas para escoitar música, plataformas para ver vídeos, etc.)

Resultado de imagen de imaxes pergamiño vindel
Os traballos terán que ser orixinais e inéditos e poden presentarse en calquera formato sobre papel ou cartolina, así mesmo poden empregarse cores e a técnica será libre. Por detrás deberás poñer o teu nome, apelidos, curso e centro escolar.

Para inspirarnos temos tamén o Romance do Pergamiño ilustrado por Luis Davila a modo de cantar de cego.



Foto de Área De Normalización Lingüística.

Foto de Área De Normalización Lingüística.


Ningún comentario:

Publicar un comentario