A MARALEIXA
(Blog persoal de Salo Eu sobre recursos educativos, lingua e literatura galegas.)
xoves, 10 de xaneiro de 2019
As cen palabras en galego para designar a CHOIVA
Le esta ligazón de Galicia Ciencia.Para resumir aquí están 61 palabras galegas distintas para denominar a choiva. E outras dezaseis máis relacionadas co mesmo concepto:
Cando hai raios e tronos: Treboada, Torboada, Torbón, Trebón…
Se vén con neve e xeo: Auganeve, Cebrina, Cebrisca, Escarabana, Nevada, Nevarada, Nevareira, Nevarío, Nevisca, Nevarisca, Pedrazo, Salabreada, Sarabiada, Torba…
Cando remata de chover: Amizar, Delampar, Escambrar, Escampar, Estear, Estiñar, Estrelampar…
E cando hai condensación de auga: Borraxeira, Borraxoia, Brétema, Cegoña, Fuscallo, Néboa, Neboeiro, Nebra, Zarrazina…
Ningún comentario:
Publicar un comentario