martes, 12 de novembro de 2019

"ANTIprexuízos lingüísticos"


 Por moito que as profes esteamos aí dicindo que non pasa nada por falar galego, que hoxe en día non é coma antes, podes ser monolingüe as vintecatro horas sen problemas, a pouco que nos paramos a explicar isto, xa lles poñemos ó alumnado exemplos  dos que nos acontecen a nós, que son pequenas pedriñas que aínda nos atopamos no camiño cara á normalización. Por iso é importante escoitalos a eles, a eses alumnos galegofalantes, que andan a pulular polas nosas aulas, ás veces con menos éxito na materia do que nos gustaría ás profes, porque a eles o do estándar sempre lles vai custar un pouquiño máis ca ós demais, posto que eles  xa o traen un galego de serie. De aí que este vídeo do meu alumno de 2º bacharelato, Roberto Trigo, é unha pequena homenaxe para tod@s el@s por resistir esa presión lingüística, algo que non é doado para ninguén e, por suposto,  éo menos para un adolescente que está na súa etapa de formación e anda a buscar o seu lugar no mudo.



Parabéns para todos e cada un dos que pasaron  polas miñas aulas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario