luns, 23 de setembro de 2019

Fai o teu vídeo sobre as lecturas voluntarias.


Este entretemento videoliterario: como ser un booktuber? é ideal para as nosas lecturas optativas. Será por anglicismos, tras este escóndense rapazada á que lle gusta a literatura.
                                                      "Booktubers". Os novos críticos?

Resultado de imaxes para booktubers




Simplemente tes que achegar o teu vídeo no que comentes aspectos da novela que liches, sobre  o argumento, os personaxes, o tempo, o espazo e o narrador. Engadindo sempre o teu xuízo persoal sobre o que che gustou ou non, para que a túa recomendación sexa de axuda ós posibles lectores e lectoras desa obra.


Aquí vos queda un exemplo dun dos máis famosos, o Coleccionista de Mundos, facendo unha recensión de "Made in Galiza" de Séchu Sende.



Ningún comentario:

Publicar un comentario