"INSTRUCCIONES PARA EMPEZAR A HABLAR GALLEGO" do director burelés Matías Nicieza, foi o gañador do II Certame de Curtas de Alfoz e O Valadouro, enmarcado no VII Festi-Val de Cine
xoves, 31 de xaneiro de 2019
xoves, 24 de xaneiro de 2019
"Rick e Morty" dobrados en galego.
Nesta serie de animación cóntanse as aventuras intergalácticas de Rick, que é un científico alcólico e tolo, e Morty, que é o seu neto.
Tres rapaces de Lugo (Guille, Fran e Samu) comezaron imitando as voces destes personaxes e acabaron facendo unha dobraxe a varios dos seus capítulos no seu blog P.I.R.O.L.A (Produccións Indecentes Relativamente Ofensivas no Límite do Absurdo)
martes, 22 de xaneiro de 2019
A parodia musical
Os galegos dásenos moi ben a parodia, podémolo observar sen termos que nos remontar os exemplos medievais que poden aparecer nas cantigas de seguir, e tirando de exemplos actuais. Grupos como DE VACAS con Son eu ou Amodiño e PÁRAMO PICTURES co seu "Alcolitos" son bos exemplos disto.
Exemplos de alumnado de distintos institutos, como os videoclips realizados polo alumnado de 4º ESO do CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón e o CPI de Dodro.
Exemplos de alumnado de distintos institutos, como os videoclips realizados polo alumnado de 4º ESO do CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón e o CPI de Dodro.
Outras letras parodiando éxitos musicais elaboradas por alumnado son as seguintes:
UN BERRO A GALICIA (PARODIA DE "UN CANTO A GALICIA" DE JULIO IGLESIAS"
Eu non te quero tanto,
demo dos números vaite marchando.
Paso de estar estudando,
prefiro quedar fóra xogando.
Un berro a Galica, hei,
un berro contra escola.
Un berro a Galicia, hei,
estudar non me mola.
Teño morriña de durmire,
na cadeira do cole non quero estare.
Eu non me quero levantare,
ata o sono acabare.
Eu véxote co sacho e alégraseme o corazón
cando ti me miras traballo como un cabrón
(sempre como un cabrón)
e o teu sacho na terra fai marabillas
na leira na que che suplico que non soltes o leghón
sachando (sachando) Sachando (sachandooo)
o leghón e o rastrillo movidos por min
sachando e arando (sachando e arando)
o olor deste estrume está enchendo
vaime cansando
co teu sacho e o meu, tamén o tractor
o arado e a fresa e o monocultor
xa non podo máis (xa non podo máis)
xa non podo máis (xa non podo máis)
habendo este solpor, o maquinillo, o desbrozador
co teu solfatador, todo isto é matador
xa non podo máis (xa non podo máis)
xa non podo máis (xa non podo máis)
Eu quero sachar contigo, arar contigo
fresar contigo, ter contigo
unha fresa tola (unha fresa tola)
e sacharte toda (e sacharte toda)
con tremenda loba
Aaaah, aaah, aaash, aaaah
ti mírasme e lévasme a outra leira
(estou noutra leira)
os teus berros aceleran o meu corazón
(os teus berros aceleran o meu corazón)
que ironía do destino non poder parar
e sentir nos brazos a circulación
sachando (sachando) Sachando (sachandooo)
o leghón e o rastrillo movidos por min
sachando e arando (sachando e arando)
o olor deste estrume está enchendo
vaime cansando
co teu sacho e o meu, tamén o tractor
co teu solfatador, todo isto é matador
xa non podo máis (xa non podo máis)
xa non podo máis (xa non podo máis)
habendo este solpor, o maquinillo, o desbrozador
co teu solfatador, todo isto é matador
xa non podo máis (xa non podo máis)
xa non podo máis (xa non podo máis)
Eu quero sachar contigo, arar contigo
fresar contigo, ter contigo
unha fresa tola (unha fresa tola)
e sacharte toda (e sacharte toda)
Eu quero sachar contigo, arar contigo
fresar contigo, ter contigo
unha fresa tola (unha fresa tola)
e sacharte toda (e sacharte toda)
con tremenda loba
Aaaah, aaah, aaash, aaaah
sachando amor
sachando amor
e que se me vén a suor.
luns, 21 de xaneiro de 2019
"SC", o "Back Mirror" á galega
Co lema “ Cárgate de sentido común e asina”, A Mesa pola Normalización Lingüística pretende recoller como mínimo 10.000 sinaturas para o debate da ILP (Iniciativa lexislativa popular) no Parlamento.
Estas son algunhas das razóns polas que asinar a ILP para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico. Para máis información visita a páxina:
A ESCOITA ACTIVA
Exemplo de "escoita activa" nesta escena da película "Do revés"
Exemplo de "escoita non activa" en "Barrio Sésamo"
ABERTOS Ó GALEGO, unha aplicación para valorar o uso do galego.
Outras inciciativas neste sentido témolas, por exemplo, no Concello de Xove que promove o uso do galego en novas empresas cunha campaña dirixida por Xacio Baño.
domingo, 20 de xaneiro de 2019
Cantigas, romance e lendas gravados en Viverio: o tesouro dos maiores.
Cantigas, romances e lendas gravados en Viveiro: o tesouro dos maiores https://t.co/nPZhx2Z8PS vía @XornaldaMarina— Salomé Díaz (@Saloeu) 2 de enero de 2019
mércores, 16 de xaneiro de 2019
martes, 15 de xaneiro de 2019
xoves, 10 de xaneiro de 2019
As cen palabras en galego para designar a CHOIVA

- Para chuvia feble: Babuña, Babuxa, Barbaña, Barbuza, Barrallo, Barrufa, Barruñeira, Barruzo, Borralla, Breca, Chuvisca, Chuviscada, Chuviñada, Froallo, Lapiñeira, Marmaña, Orballo, Parruma, Parrumada, Patiñeira, Patumeira, Poalla, Poallada, Poalleira, Poallo, Zarzallo…
- Para chuvia forte: Arroiada, Ballón, Basto, Bátega, Bategada, Cebra, Cebrina, Chaparrada, Chuvascada, Chuvasco, Chuvieira, Cifra, Ciobra, Dioivo, Treixada, Xistra, Zarracina…
- Cando hai raios e tronos: Treboada, Torboada, Torbón, Trebón…
- Se vén con neve e xeo: Auganeve, Cebrina, Cebrisca, Escarabana, Nevada, Nevarada, Nevareira, Nevarío, Nevisca, Nevarisca, Pedrazo, Salabreada, Sarabiada, Torba…
- Cando remata de chover: Amizar, Delampar, Escambrar, Escampar, Estear, Estiñar, Estrelampar…
- E cando hai condensación de auga: Borraxeira, Borraxoia, Brétema, Cegoña, Fuscallo, Néboa, Neboeiro, Nebra, Zarrazina…
"Contos de xénero"
Achegamos outro interesante recurso máis para traballar os estereotipos de xénero. As personaxes son: a muller (María), o home (Xosé) e a sociedade, os cales representan unha pequena trama, onde aparecerán outros secundarios.
Esta pequena historia sérvenos para repensar, unha vez máis, os roles que a sociedade escribe para os distintos xéneros, creando unhas ideas preconcebidas que se reproducen, unha e outra vez, nos distintos medios de comunicación.
Para afondar máis podemos ler este artigo: "O mito da beleza e a domesticación das nenas"
Para afondar máis podemos ler este artigo: "O mito da beleza e a domesticación das nenas"
A publicidade máis machista da historia vista ó reves.
O fotográfo libanés, Eli Rezkallah, realizou unha compilación de publicade machista dos anos 50 e, literalmente, deulle a volta para visibilizar os prexuízos sexistas desa época e reflexionar sobre a forte pegada que deixou este tipo de publicidade nos nosos días.


Subscribirse a:
Publicacións (Atom)