luns, 20 de decembro de 2021
xoves, 2 de decembro de 2021
mércores, 1 de decembro de 2021
domingo, 21 de novembro de 2021
ROUCO SON (REVISTA GALEGA DE ROCK)
Somos un novo medio en galego adicado a espallar a música rock que se fai aquí, con especial atención á que se fai na nosa lingua.
Clica aquí para atoparnos.
luns, 15 de novembro de 2021
SUBTITULANDO CANCIÓNS EN "DESCONFINANDO O GALEGO"
Irene García, 2º BACH A
Miguel Feijoo, 2º BACH B
Estes son dous exemplos da tarefa de normalización lingüística: DESCONFINANDO O GALEGO deste curso 2021-22 no IES Sánchez Cantón
venres, 24 de setembro de 2021
"A trampa mortal do individualismo"
Comentamos as ABAU 2021 a través do artigo de Laura Novelle en Nós, diario
"A trampa mortal do individualismo"
luns, 20 de setembro de 2021
mércores, 19 de maio de 2021
CANTÁMOLA en galego.
CANTÁmola en galego
Documental acerca da diversidade musical en lingua galega, con testemuñas e actuacións de grupos de pop, rock, tradicional, rap, canción de autor....
mércores, 12 de maio de 2021
domingo, 9 de maio de 2021
sábado, 24 de abril de 2021
martes, 6 de abril de 2021
XELA ARIAS, recursos da RAG
Desde a RAG na súa PRIMAVERA DAS LETRAS accedemos a un océano de recursos sobre XELA ARIAS, a nosa homenaxeada nas Letras 2021.
![]() |
Luz Beloso |
xoves, 25 de marzo de 2021
mércores, 24 de marzo de 2021
martes, 23 de marzo de 2021
domingo, 21 de marzo de 2021
martes, 16 de marzo de 2021
"Roubáronnos a heroína" POR UNHA CANLE XABARÍN CLUB 24 HORAS NA TVG.
Tema de Xiao Berlai para o pechamento da campaña "Por unha canle Xabarín Club 24 horas na TVG". Unha iniciativa que promove que haxa máis e mellor difusión de programación infantil e xuvenil en galego.
• Como o faremos posíbel?
A través dunha proposición parlamentar por Iniciativa Popular. Este mecanismo contemplado na lexislación permite rexistrar unha proposta para ser asumida por algún dos grupos parlamentares e debatida no Parlamento de se reuniren o mínimo de sianturas requeridas.
• Que precisamos para conseguilo?
Para conseguir que esta PNL chegue a ser debatida no Parlamento imos precisar da túa colaboración de novo. Se ben a lexislación estabelece que son 2500 as sinaturas necesarias para ser debatida, pensamos que é posíbel multiplicar esta cantidade e facer ver que esta demanda conta cun amplo apoio dentro da sociedade galega.
• Texto da Iniciativa Popular que se presentará no Parlamento galego
luns, 15 de marzo de 2021
domingo, 7 de marzo de 2021
luns, 1 de marzo de 2021
mércores, 17 de febreiro de 2021
venres, 5 de febreiro de 2021
INTERROGATIVAS TOTAIS OU PARCIAIS
A diferenza entre as interrogativas totais e parciais, é que nas primeiras a resposta é si ou non, mentres que nas segundas agárdase unha explicación máis ampla.
As interrogativas totais fórmanse normalmente invertindo a orde de suxeito e verbo (Veu Antón?). Se queremos enfatizala pode engadirse unha partícula interrogativa final (Veu Antón ou non?).
Nas interrogativas parciais, a partícula interrogativa colócase ao principio da oración (Cando veu Antón?, Como veu Antón?, Onde está Antón?, Quen é Antón?, Que di Antón?, etc.).
Cando se deduce a resposta, sexa negativa ou positiva, pode anticiparse cunha partícula interrogativa final (Veu Antón, non si?, se espera unha resposta positiva; Non veu Antón, a que non?, si espera unha resposta negativa). As respostas positivas exprésanse en xeral repetindo o verbo, reforzado en ocasiones co adverbio si: -Veu Antón? –Veu; -Fostes á festa? –Fomos, si. Para as respostas negativas, úsase o adverbio non.
A negación exprésase habitualmente poñendo o adverbio non antes do verbo: Carme non dixo nada interesante. Como se pode observar, en galego existe a “dobre negación”.
luns, 1 de febreiro de 2021
xoves, 28 de xaneiro de 2021
Variedades xeográficas ou dialectais ("Ghalegho", "Eu digo")
"Ghalegho", unha curta sobre a autoestima dos nosos fenómenos lingüísticos dialectais e normativos, tan fortemente prexuizados durante anos. Posto que debemos lembrar, que tanto a gheada como o seseo forman parte do estándar na fala, aínda que non o fagan da escrita.
"Eu digo..." é unha creación nacida no IES Dionisio Gamallo de Ribadeo en reacción cómplice ó video anterior de "Ghalegho". Ambos os dous son dúas reivindicacións necesarias das nosas variedades dialectais.
"Eu digo..." é unha creación nacida no IES Dionisio Gamallo de Ribadeo en reacción cómplice ó video anterior de "Ghalegho". Ambos os dous son dúas reivindicacións necesarias das nosas variedades dialectais.
"Seis pasos para falar malpicán"
Neste vídeo que quedou finalista o ano pasado no certame #youtubeiras #youtubeiros, o alumnado do IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños, vila da Costa da Morte, realiza un pequeno titorial sobre as súas peculiaridades dialectais, as cales definense dentro do bloque occidental galego como área bergantiñá.
Etiquetas:
área bergantiñá,
bloque occidental,
certame youtubeiros,
dialectoloxía,
dialectos,
malpicán,
variedades xeográficas,
variedades xeográficas ou diatópicas,
vídeo
martes, 26 de xaneiro de 2021
luns, 25 de xaneiro de 2021
xoves, 21 de xaneiro de 2021
"A esmorga" no cine.
A esmorga ten dúas versións cinematográficas, unha máis actual, dirixida por Ignacio Villar no 2014 e outra de 1977, cuxo director foi Gonzalo Súarez, baseada na tradución ó castelán que fixo da súa obra o propio Blanco Amor, que leva por título Parranda.
luns, 4 de xaneiro de 2021
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)