martes, 16 de marzo de 2021

"Roubáronnos a heroína" POR UNHA CANLE XABARÍN CLUB 24 HORAS NA TVG.

 

Tema de Xiao Berlai para o pechamento da campaña "Por unha canle Xabarín Club 24 horas na TVG". Unha iniciativa que promove que haxa máis e mellor difusión de programación infantil e xuvenil en galego.
 
 • Como o faremos posíbel? A través dunha proposición parlamentar por Iniciativa Popular. Este mecanismo contemplado na lexislación permite rexistrar unha proposta para ser asumida por algún dos grupos parlamentares e debatida no Parlamento de se reuniren o mínimo de sianturas requeridas. 


 • Que precisamos para conseguilo? Para conseguir que esta PNL chegue a ser debatida no Parlamento imos precisar da túa colaboración de novo. Se ben a lexislación estabelece que son 2500 as sinaturas necesarias para ser debatida, pensamos que é posíbel multiplicar esta cantidade e facer ver que esta demanda conta cun amplo apoio dentro da sociedade galega.


 • Texto da Iniciativa Popular que se presentará no Parlamento galego

Ningún comentario:

Publicar un comentario