martes, 28 de febreiro de 2023
Historia do feminismo en dez minutos.
DÍA DA MULLER EN GALEGO from albagalicia17 on Vimeo.
"Os perigos de nacer NENA nas distintas partes do mundo" (Artigo de National Geographic)
domingo, 26 de febreiro de 2023
martes, 7 de febreiro de 2023
Canto sabes do Entroido?
Canto sabes do Entroido?: A ver se es quen de adiviñar todas as palabras. Se non es quen, copia a definición e investiga!
CARAUTA DE PELIQUEIRO
UN VERDADEIRO ENTROIDO É SEMPRE IRREVERENTE
Ilustres irreverencias é unha páxina moi acaída para o tempo de Entroido, que sería moi do gusto dalgún dos personaxes parodiados.


"Adiós, fritos; adios, postres "
"Adios, fritos; adios, postres;
adiós, os pratos sen grelos;
adiós, vista dos meus mollos:
non sei cando nos veremos.
Miña freba, miña freba,
freba coa que me eu criei,
touciñiño que quero tanto,
pataquiñas que prantei,
xeados, fritos, larpeiras,
flans que como a cento,
untiños e licores,
cociñiña do meu contento,
pinchiños dos bares,
doces e cañas de vagar,
montaña de filloas
da tixoliña do lar,
natilliñas con galletas
que eu zampaba con ardor,
chocolatiños con pan de millo,
¡adios, para sempre adios!
¡Adios lorza! ¡Adios contento!
¡Deixo a pasta que cocín,
deixo a dieta que coñezo
por un mundo verduril!"
Rosalía de Castro ft. Conchi García
Despedimos os excesos do Nadal e xa nos achegamos ó Entroido con composicións burlescas como esta tan enxeñosa que se serve do "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)