luns, 1 de abril de 2024

NOVA PLATAFORMA AUDIOVISUAL: Agalega.gal

 "A Televisión de Galicia adáptase aos novos tempos con AGalega, unha plataforma de vídeo baixo demanda similar as populares Netflix, HBO Max ou Filmin. Neste novo espazo virtual atopamos máis de 1400 contidos audiovisuais entre filmes, series, curtametraxes, programas de televisión, concertos e podcasts."


"Do mesmo xeito que acontece co tren de alta velocidade, parece que en Galicia os avances tecnolóxicos sempre tardan un pouco máis en chegar. Este mércores presentouse AGalega, unha plataforma de vídeo dixital impulsada pola Televisión de Galicia que recompila máis de 1400 contidos entre filmes, series, curtametraxes, programas de televisión, concertos e podcasts. Podemos acceder de balde a todo este catálogo a través de agalega.gal ou descargando a app en Google Play e App Store ou descargándoa nos televisores intelixentes Fire TV, LG e Samsung.

Como é habitual neste tipo de plataformas baixo demanda, AGalega contará con contido feito expresamente para esta canle dixitalNa Gloria, de Xosé Touriñán e Dani Rovira; e Ghuasapp son algúns exemplos. Ademais poderemos gozar do seu amplísimo catálogo de filmes de ficción (O que arde, Malencolía, A illa das mentiras, Cuñados, Quen a ferro mata, Engurras, Ons, Eroski Paradiso, Lúa Vermella, O descoñecido, A esmorga…), documentais (Benposta, soño e realidade; Os días afogados, Nación, Trinta lumes, Vigo 1972…), series de televisión ac tuais (Saudade de tiAuga SecaA EstibaOperación Marea NegraO sabor das margaridas…) e históricas (Pratos Combinados, Mareas Vivas, Padre Casares, Matalobos, Serramoura…); programas culturais (Zigzag, Zeta, As mil e unha páxinas…) e musicais (Cantos rodados, Ondas novas, Alalá, 100 anos de verbena galega, No carro da música…) e multitude de contidos sobre historia, gastronomía, viaxes, etc."

Fonte: Amovida.gal, Pablo Vázquez, 19/01/24 

Ningún comentario:

Publicar un comentario