luns, 1 de abril de 2024

XABARÍN.GAL

O famoso Xabarín Club tamén goza dunha nova plataforma grazas ao traballo da Mesa pola Normalización Lingüística e as 33.000 sinaturas que acadaron ao longo de tres anos.

A outra gran nova da semana (19/01/24) é a creación de xabarin.gal, unha canle infantil que recupera o espírito do mítico programa que marcou a varias xeracións de galegos e galegas. Aínda que non todas as series están dispoñibles, si que podemos atopar clásicos como EvangelionO detective ConanAs aventuras de Rocky e BullwinkleTeletubbies ou Rantaro, o ninja pequeno, ademais doutras como Sarxento KeroroKiteretsu (spin off de Doraemon), Cocorico, A tropa de trapo, Ideafix, Spirit ou Sakura, cazadora de cartas. Tamén hai dispoñibles uns poucos filmes, como Valentina, A galiña Turuleca, Meigallos, Maimiño e A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol."


"Esta novidade non sería posible sen o traballo da Mesa pola Normalización Lingüística. Hai 3 anos que esta asociación lanzou a Iniciativa Xabarín reclamando contidos infantís e xuvenís en galego nas televisións públicas. Co apoio de 33000 sinaturas a iniciativa debateuse no Parlamento galego en maio de 2021, que aprobou un aumento da oferta en galego destinada á infancia e mocidade dispoñible en todos os dispositivos e plataformas de contidos audiovisuais, así como aplicacións actualizadas.

Tiveron que pasar tres anos para que a iniciativa se fixera realidade: “Foron as 33000 persoas que asinaron a Iniciativa Xabarín e todos os concellos e entidades sociais que apoiaron a proposta as que impulsaron este triunfo da sociedade galega que hoxe celebramos”, domentou na presentación Xela Armas, secretaria xeral da Mesa. “Tivemos que insistir, recollendo máis sinaturas para que non se seguise atrasando a disposición” e “seguiremos insistindo, para que se cumpra todo”, afirma Armas, quen recordou, tamén, que o Estado debe facer cumprir a Lei audiovisual a todas as operadoras e plataformas, comezando por TVE que só emite en galego 25 minutos diaros de 120 horas totais e 2 títulos en RTVE Play dos 4 con VO en galego."

The following two tabs change content below.
Fonte: Amovida.gal, Pablo Vázquez, 19/01/24 

Ningún comentario:

Publicar un comentario