Turbas corran as ágoas; poña luto
o aire denso, en merancoria tanta;
queime o fogo a terra, que sin pranta
negue ao fortuno ano seu trebuto,
mentras a Porcia do Filipo Bruto
en os ombros da fama sacrosanta
se irgue ao ceo, que súa groria canta
collendo en fror o ja maduro fruto,
Perdeu, marrando tan ditosa vida,
a humildá, preço; a piadade, tempro
(que derrubou, oh Morte, túa gadaña);
o mundo, Reina; o rei, súa Margarida;
a Fe, colúa; a Virtud, enxempro;
a pedra (cujo engaste foi), España.
Chore nosa montaña,
do gando, leite e novidad espida,
semellando as abellas no enxempro.
Que si a súa Margarida,
Reina, preço, colúa, pedra, tempro,
perden Rei, Mundo, Fe, Virtud, España,
tu, que tal perda viche,
¡oh, magoada Galicia, ¿que perdiche?
ANÁLISE DAS CARACTERÍSTICAS LINGÜÍSTICAS:
Grafía: emprego da letra ‘ñ’ para representar
o fonema nasal palatal sonoro (poña); utilización
da letra ‘ç’ (preço); emprego do grafema ‘j’ (cujo). Fonoloxía:
alteracións do vocalismo átono (ágoas, trebuto,
piadade) e mesmo do tónico (irgue); confusión entre
os fonemas líquidos /l/ e /r/ (merancoría, pranta,
groria, tempro, enxempro). Morfosintaxe: utilización
do posesivo sen artigo (seu trebuto, súa groria, túa gadaña,
nosa montaña); non se realiza, polo menos non
se representa, a contracción da preposición e o artigo
(en os); formas castelanizantes (sin, mentras, si); segunda
persoa do pronome persoal tónico suxeito ‘tu’;
segunda persoa de singular do perfecto en ‘-che’ (viche,
perdiche). Léxico: castelanismos (luto, fruto, humildá,
virtud[e], novidad); vulgarismos (humildá, enxempro);
pseudoevolucións (colúa < columna).
Ningún comentario:
Publicar un comentario