Cales son as drogas adictivas máis perigosas?
A raíz do secuestro do libro Fariña e a estrea da serie inspirada nel, temo volverme a atopar entre o meu alumnado esa admiración cara ós narcos, que fai que entre as súas aspiración futuras figure "narcotraficante e que non me collan"
De aí que esteamos traballando a cara b desta historia recente, a través de distintos documentanis e películas, como Heroína, inspirada na vida de Carmen Avendaño.
Reflexionaremos tamén sobre como tivo que ser unha muller e unha asociación, onde as nais foron as que lle plantaron cara a un problema social que ninguén sabía como abordar naquel entón. Lembremos como noutras ocasións ó logo da historia, son sempre nais, como as da Praza de Maio en Arxentina, as que son capaces de concienciar ó seu entorno social para xerar cambios que procuren sociedades máis xustas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario