Ramón Otero Pedrayo nun momento da súa intervención na homenaxe a Rosalía de Castro celebrada en Santiago o 24 de xullo de 1951. Fonte: Arquivo da Real Academia Galega.
"Ningunha disposición legal prohibía nos anos 40 de forma expresa o uso do galego no mundo editorial, nin tampouco empregalo en certas tribunas públicas. Pero o que o franquismo non censuraba de iure censurábao de facto. O primeiro en desafiar esta norma non escrita nun acto público foi Ramón Otero Pedrayo. Aconteceu o 11 de novembro de 1949, na inauguración dun monumento a Lamas Carvajal co gallo do centenario do seu nacemento. Desde ese momento, as autoridades franquistas impediríanlle de forma reiterada empregar a lingua do país mesmo nos actos da Real Academia Galega."
Para continuar a ler tes aquí a ligazón á páxina da RAG con esta información.
Ningún comentario:
Publicar un comentario