O noso patrimonio cultural vén a visitarnos.
Somos un pobo que recibe o seu propio patrimonio de visita. Xa sexa o Pergamiño Vindel, co que contamos este ano no Museo do Mar de Vigo ata o mes de marzo, xa sexa un dos cadros emblemáticos de Castelao, que viaxará neste caso por primeira vez a Galicia. Trátase dun oleo que se atopa na actualidade no Centro Galicia de Bos Aires e que formará parte dunha mostra sobre Castelao, que terá lugar no Museo Centro Gaiás no último trimestre deste ano e no primeiro do vindeiro ano.
Castelo pintou este cadro no ano 1945 na Arxentina, onde se exiliara despois da Guerra Civil. Esta obra recrea nun óleo de grandes dimensións unha estampa A derradeira lección de mestre, que debuxou para os dous primeiros álbums de guerra, Atila en Galicia e Galicia mártir en Valencia no ano 1937 antes do seu exilio definitivo.
O motivo do cadro é clásico, o lamento ante o corpo de Cristo, tranfórmase aquí na mágoa dos alumnos perante o cadáver do do mestre asasinado e convertido en mártir polo bando fascita. Lembremos o especial asañamento que sufriron os mestres neste momento histórico por se portadores das ideas progresistas. Non hai máis que lembrar as escenas finais d' O lapis do carpinteiro película.
Máis información sobre este tema tédela neste artigo de A. Vázquez-Monxardín.
Ningún comentario:
Publicar un comentario