Amosando publicacións coa etiqueta Onda Sánchez. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Onda Sánchez. Amosar todas as publicacións

martes, 23 de xuño de 2026

ENCONTRO ENTRE OS CLUBS DE LECTURA E A IRMÁ DE BEGOÑA CAAMAÑO.

 

Alumando do noso club de lectura e o  club de lectura feminista “O sofá violeta”  tiveron un encontro moi especial, o martes 5 de maio, con Beatriz Caamaño con motivo das Letras Galegas. Xirou arredor do libro Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño, a escritora homenaxeada este ano, e contou coa presenza da súa irmá, Beatriz Caamaño, que achegou a parte máis humana da autora, e tamén coa da profesora Anxos Rial, coordinadora do club de lectura do IES Sánchez Cantón, en cuxa biblioteca se celebrou o encontro.

martes, 21 de abril de 2026

XORNADA RADIOVISUAL INTERESCOLAR PONTE NAS ONDAS. 24 DE ABRIL

Este venres 24 de abril, a nosa radio escolar, ONDA SÁNCHEZ (IES SÁNCHEZ CANTÓN)  participou nunha Xornada Radiovisual Interescolar PONTE NAS ONDAS desde o IES LUÍS SEOANE.  

    •  O noso alumnado de literatura galega do XX e da actualidade realizou un programa sobre a homenaxeada das Letras deste ano, Begoña Caamaño, que levou por título: OS FÍOS DE BEGOÑA (Baseado no libro de Eva Mejuto co mesmo nome).  
    • O alumnado de oratoria desenvolveu un programa titulado: OLLADAS NARRATIVAS, sobre o fotógrafo José Suárez, homenaxeado este ano no Día das Artes. 

domingo, 8 de febreiro de 2026

DÍA MUNDIAL DA RADIO DESDE PONTE NAS ONDAS

A UNESCO proclamou o 13 de febreiro como o Día Mundial da Radio. Desde 1995, a Asociación Cultural e Educativa PONTE…NAS ONDAS! promove a radio escolar como un recurso educativo que contribúe a mellorar as habilidades comunicativas do alumnado.


Convidamos aos centros a presentar programas, podcast ou videopodcast para o Día Mundial da Radio.

ALGUNHAS SUXESTIÓNS:

• O tema proposto pola UNESCO para o 13 de febreiro, Día Mundial da Radio é “Radio e intelixencia artificial“. Calquera proposta será benvida !

O tema:

O tema da 15ª edición do Día Mundial da Radio, que se celebrará o 13 de febreiro é «Radio e Intelixencia Artificial» e como ben din, abre todo un novo campo de debate, creación e exploración.

(https://www.unesco.org/es/days/world-radio/13ideas?hub=66636)

 

A nosa proposta deste ano é un convite a falar de H.G. Wells, da súa “Guerra dos Mundos” da adaptación de Orson Welles que converteu unha historia ficticia nun acontecemento mediático lendario, da veracidade, de que podemos crer e que non… e sobre todo, a pensarmos entre todos/as na aula, se as fakes news e os bulos que nos rodean fan da IA unha ferramenta ideal como caldo de cultivo para todas estas cousas.

 

 

A PROPOSTA DE REDE ESPORA deste ano é a seguinte:

 

Imaxinade que sodes comunicadores e comunicadoras dunha emisora de radio. Durante a vosa emisión sucede algo moi grave que afecta a todo o planeta ou a unha gran parte del, e a radio convértese no principal medio para informar á poboación (lembrade que hai pouco nos pasou algo similar co apagón). O voso traballo consistirá en crear un programa no que se conte esta situación como se fose real, aínda que en realidade sexa unha historia de ficción.

 

O programa debe estar pensado para ser escoitado, non visto, polo que todo o que aconteza terá que entenderse a través das voces, dos sons e dos silencios. A duración aproximada será de entre tres e cinco minutos, dependendo do curso.

 

A partir desta situación, cada grupo poderá escoller o formato que mellor se adapte á súa historia:

 

·      Boletín informativo: Interrompedes a programación para anunciar unha situación de emerxencia mundial. Podedes incluír noticias de última hora, datos preocupantes e mensaxes dirixidas ás persoas oíntes.

·      Entrevistas: Falaredes con testemuñas do que está a pasar, con expertos e expertas como científicos/as, médicos/as ou autoridades, e tamén con persoas afectadas polo suceso.

·      Microteatro radiofónico: Crearedes unha pequena historia, cunha duración máxima de cinco minutos, na que os personaxes vivan directamente a situación de perigo. Todo deberá entenderse só a través do son e terán especial importancia o medo, a tensión ou a confusión.

·      Conexións en directo: Un ou unha reporteira informará desde o lugar dos feitos, empregando ruídos de fondo, interrupcións e sons propios dunha situación de emerxencia.

·      Mensaxes á poboación: Incluíde avisos dirixidos á cidadanía, como recomendacións de seguridade, ordes das autoridades ou información contraditoria que axude a crear tensión.

 

• Presenta a radio do teu centro. Como funciona ? Onde está ? Quen participa ? Podedes facelo en calquera formato: podcast ou vídeo.

As obras audiovisuais (podcasts ou vídeos) deberán enviarse antes do 10 de febreiro a: web@escolasnasondas.com

Todas as obras recibidas emitiránse o 13 de febreiro a través do sitio web www.escolasnasondas.com

Podedes consultar algunhas das suxestións da UNESCO para a celebración deste ano visitando: https://www.unesco.org/es/days/world-radio?hub=66636

Programacións de anos anteriores en : www.escolasnasondas.com