luns, 6 de abril de 2026

"A CONVERSA" CON BEGOÑA CAAMAÑO

 

 

 22 de maio de 2013 A Conversa 

No programa "A Conversa" falaremos con Begoña Caamaño, xornalista e escritora, que acaba de recibir o Premio da Crítica de narrativa galega. Con motivo da próxima celebración do "Día das Letras Galegas", analizará a situación actual do galego e falará das súas vivencias profesionais, ademais de desvelar cales foron as razóns que lle impulsaron a adicarse á escrita nos últimos tempos.

O TEATRO DE FINS DO XX E COMEZOS DO XXI

domingo, 22 de marzo de 2026

luns, 9 de marzo de 2026

É "dramática" a situación da lingua galega?

 SEGUE VIXENTE O INFORME DRÁTICO SOBRE A LINGUA GALEGA DE 1973?

Mellorou a visión da lingua desde 1973?: «Antes se facías música en galego eras o raro. Hoxe es o guai»


Henrique Monteagudo, Ledicia Costas, 9Louro, os libreiros de Lume e o equipo da iniciativa «Aquí tamén se fala galego» revisan o estado da cuestión da lingua respecto ao «Informe -dramático- sobre la lengua gallega» de Alonso Montero. «O castelán non vai desaparecer de Galicia», asegura o presidente da Real Academia Galega.

«O primeiro para mellorar a situación do galego é usalo sen medo e sen pedir perdón»

Normativización/ Binormativismo



BINORMATIVISMO

COÑECEMENTO DO USO DA LINGUA GALEGA (IGE) 11/10/2024

COÑECEMENTO DO USO DA LINGUA GALEGA. (FONTE: IGE, 11/10/2024)

"O CASTELÁN XA É O IDIOMA PREDONIMANTE EN GALICIA" (PRAZA.GAL)


"AGORA OU NUNCA" (PRAZA.GAL)

A Xunta interpreta que o galego "segue a ser maioritario", a RAG urxe "un cambio de rumbo drástico" (PRAZA.GAL)

INFORME DA RAG


EMERXENCIA LINGÜÍSTICA

Entidades sociais elaboran o Protocolo Lingua Vital para actuar fronte á "emerxencia lingüística" do galego

EMERXENCIA LINGÜÍSICA (NEG)


XABARÍN.GAL

O famoso Xabarín Club tamén goza dunha nova plataforma grazas ao traballo da Mesa pola Normalización Lingüística e as 33.000 sinaturas que acadaron ao longo de tres anos.

A outra gran nova da semana (19/01/24) é a creación de xabarin.gal, unha canle infantil que recupera o espírito do mítico programa que marcou a varias xeracións de galegos e galegas. Aínda que non todas as series están dispoñibles, si que podemos atopar clásicos como EvangelionO detective ConanAs aventuras de Rocky e BullwinkleTeletubbies ou Rantaro, o ninja pequeno, ademais doutras como Sarxento KeroroKiteretsu (spin off de Doraemon), Cocorico, A tropa de trapo, Ideafix, Spirit ou Sakura, cazadora de cartas. Tamén hai dispoñibles uns poucos filmes, como Valentina, A galiña Turuleca, Meigallos, Maimiño e A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol."


"Esta novidade non sería posible sen o traballo da Mesa pola Normalización Lingüística. Hai 3 anos que esta asociación lanzou a Iniciativa Xabarín reclamando contidos infantís e xuvenís en galego nas televisións públicas. Co apoio de 33000 sinaturas a iniciativa debateuse no Parlamento galego en maio de 2021, que aprobou un aumento da oferta en galego destinada á infancia e mocidade dispoñible en todos os dispositivos e plataformas de contidos audiovisuais, así como aplicacións actualizadas.

Tiveron que pasar tres anos para que a iniciativa se fixera realidade: “Foron as 33000 persoas que asinaron a Iniciativa Xabarín e todos os concellos e entidades sociais que apoiaron a proposta as que impulsaron este triunfo da sociedade galega que hoxe celebramos”, domentou na presentación Xela Armas, secretaria xeral da Mesa. “Tivemos que insistir, recollendo máis sinaturas para que non se seguise atrasando a disposición” e “seguiremos insistindo, para que se cumpra todo”, afirma Armas, quen recordou, tamén, que o Estado debe facer cumprir a Lei audiovisual a todas as operadoras e plataformas, comezando por TVE que só emite en galego 25 minutos diaros de 120 horas totais e 2 títulos en RTVE Play dos 4 con VO en galego."

The following two tabs change content below.
Fonte: Amovida.gal, Pablo Vázquez, 19/01/24 

MEDIOS DE COMUNICACIÓN EN LIÑA E OUTROS MEDIOS EN PRENSA ESCRITA

NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO | Xornal Galego-Portugués da Gallaecia http://www.novasdoeixoatlantico.com 
PODGALEGO Web dirixida a agrupar e difundir os podcast en galego. Outro xeito de facer radio. https://podgalego.agora.gal 
QUE PASA NA COSTA Diario dixital da Costa da Mortehttps://quepasanacosta.gal 
RADIO TELEVISIÓN DE GALICIA http://www.crtvg.es 
TEMPOS DIXITAL / Edición dixital da revista Tempos Novos http://temposdixital.com 
MEDIOS EN GALEGO: CHUZA! Últimas novas actualizadas cada pouco tempo. Pódense ver por seccións temáticas. http://chuza.gal
CÓDIGO CERO Diario Tecnolóxico de Galicia http://codigocero.com 

 GALICIA HOXE (Desaparecido en 2011) Despois da desaparición do  semanario A NOSA TERRA (1977-2011)  e de VIEIROS (2010)


 PRENSA EN PORTUGUÉS: Prensa no Brasil Prensa en Portugal

Mapa da lusofonía

 XOGAR 



 ESTATÍSTICA COAS LINGUAS MÁIS FALADAS NO MUNDO

domingo, 8 de febreiro de 2026

DÍA MUNDIAL DA RADIO DESDE PONTE NAS ONDAS

A UNESCO proclamou o 13 de febreiro como o Día Mundial da Radio. Desde 1995, a Asociación Cultural e Educativa PONTE…NAS ONDAS! promove a radio escolar como un recurso educativo que contribúe a mellorar as habilidades comunicativas do alumnado.


Convidamos aos centros a presentar programas, podcast ou videopodcast para o Día Mundial da Radio.

ALGUNHAS SUXESTIÓNS:

• O tema proposto pola UNESCO para o 13 de febreiro, Día Mundial da Radio é “Radio e intelixencia artificial“. Calquera proposta será benvida !

O tema:

O tema da 15ª edición do Día Mundial da Radio, que se celebrará o 13 de febreiro é «Radio e Intelixencia Artificial» e como ben din, abre todo un novo campo de debate, creación e exploración.

(https://www.unesco.org/es/days/world-radio/13ideas?hub=66636)

 

A nosa proposta deste ano é un convite a falar de H.G. Wells, da súa “Guerra dos Mundos” da adaptación de Orson Welles que converteu unha historia ficticia nun acontecemento mediático lendario, da veracidade, de que podemos crer e que non… e sobre todo, a pensarmos entre todos/as na aula, se as fakes news e os bulos que nos rodean fan da IA unha ferramenta ideal como caldo de cultivo para todas estas cousas.

 

 

A PROPOSTA DE REDE ESPORA deste ano é a seguinte:

 

Imaxinade que sodes comunicadores e comunicadoras dunha emisora de radio. Durante a vosa emisión sucede algo moi grave que afecta a todo o planeta ou a unha gran parte del, e a radio convértese no principal medio para informar á poboación (lembrade que hai pouco nos pasou algo similar co apagón). O voso traballo consistirá en crear un programa no que se conte esta situación como se fose real, aínda que en realidade sexa unha historia de ficción.

 

O programa debe estar pensado para ser escoitado, non visto, polo que todo o que aconteza terá que entenderse a través das voces, dos sons e dos silencios. A duración aproximada será de entre tres e cinco minutos, dependendo do curso.

 

A partir desta situación, cada grupo poderá escoller o formato que mellor se adapte á súa historia:

 

·      Boletín informativo: Interrompedes a programación para anunciar unha situación de emerxencia mundial. Podedes incluír noticias de última hora, datos preocupantes e mensaxes dirixidas ás persoas oíntes.

·      Entrevistas: Falaredes con testemuñas do que está a pasar, con expertos e expertas como científicos/as, médicos/as ou autoridades, e tamén con persoas afectadas polo suceso.

·      Microteatro radiofónico: Crearedes unha pequena historia, cunha duración máxima de cinco minutos, na que os personaxes vivan directamente a situación de perigo. Todo deberá entenderse só a través do son e terán especial importancia o medo, a tensión ou a confusión.

·      Conexións en directo: Un ou unha reporteira informará desde o lugar dos feitos, empregando ruídos de fondo, interrupcións e sons propios dunha situación de emerxencia.

·      Mensaxes á poboación: Incluíde avisos dirixidos á cidadanía, como recomendacións de seguridade, ordes das autoridades ou información contraditoria que axude a crear tensión.

 

• Presenta a radio do teu centro. Como funciona ? Onde está ? Quen participa ? Podedes facelo en calquera formato: podcast ou vídeo.

As obras audiovisuais (podcasts ou vídeos) deberán enviarse antes do 10 de febreiro a: web@escolasnasondas.com

Todas as obras recibidas emitiránse o 13 de febreiro a través do sitio web www.escolasnasondas.com

Podedes consultar algunhas das suxestións da UNESCO para a celebración deste ano visitando: https://www.unesco.org/es/days/world-radio?hub=66636

Programacións de anos anteriores en : www.escolasnasondas.com