mércores, 14 de febreiro de 2018

"OS LOBOS" e "OS DIFUNTOS FALABAN CASTELAO" de Ánxel Fole



Esta é unha adaptación cinematográfica do conto "Os lobos" de Ánxel Fole, pertencente á súa obra A lus do candil, que se realizou no ano 1997 no cal se lle dedicaron as Letras Galegas.

Resultado de imagen de os difuntos falaban castelao
 D' A lus do candil tamén é o conto: "Os difuntos falaban castelao", convertido nunha curta de animación dirixida por Tomás Conde e Virginia Curiá no ano 2000.

"Ramón Valenzuela, as olladas da esperanza"



No ano 2014 celebrouse o centenario do nacemento de RAMÓN DE VALENZUELA, autor vencellado á nosa comarca sanxenxina nos últimos anos da súa vida. Non está de máis botar unha ollada á súa biografía e obra, a través dos testemuños dos distintos persoeiros que aparecen neste  microdocumental, incluído o da súa muller María Victoria Villaverde, tamén escritora.

"Os homes toupa"


Resultado de imagen de los topos libro torbado y manuel leguineche

Os homes toupa é a denominación que recibe un grupo constituído por un cento de homes que se esconderon en faios, bodegas, sotos, falsos fondos de armarios ou ruínas abandonadas  axudados por familiares e amigos fuxindo das posibles represalias do franquismo tras a Guerra Civil. Algúns estiveron até 38 anos agochados e non saíron ata que se produciu a morte de Franco. 


Neste libro titulado "Los topos" de Jesús Torbado  e Manuel Leguineche tamén se trata este tema.



venres, 12 de xaneiro de 2018

"Principiñas e princesiños"


Principiñas e Princesiños from el espejo mágico producciones on Vimeo.


O programa nAmorAndo financiado polo concello de Pontevedra traballou na identificación e expresión das emocións dos nenos e rapaces, na procura de tentar romper con estereotipos sexistas e reflexionar sobre os tópicos do amor romántico.


Se xa vimos o vídeo realizado cos testemuños dos rapaces de 4º de ESO, agora veremos "Principiñas e Princesiños",  que recompila as mensaxes do alumnado de 4º de Primaria dos colexios públicos de Pontevedra.


Trátase dun proxecto de  Jone Ojeda (joneojedapsicologa.es) O vídeo foi realizado por el espejo mágico producciones (espejomagicoproducciones.com). Imaxe, edición e realización: Juan Carlos Pérez Ilustracións: Tania Solla Animación: Jose Aragunde. 


Para seguir a afondar no estereotipo feminino é interesante tamén o seguinte artigo: "Non son bonita, son forte: o movemento contra os estereotipos das mulleres"

"Matriarcas" e "A dama e o cabaleiro"

Estes días estamos a traballar en 2º de ESO o tema da poesía e da muller desde múltiples perpectivas."MATRIARCAS", a letra  da canción  de Guadi Galego e a versión musicada do poema: "A DAMA E O CABALEIRO" de Álvaro Cunqueiro musicado polo cantautor Amancio Prada serven para achegarnos a esta temática.

xoves, 11 de xaneiro de 2018

Benvid@s a un 2018 sen prexuízos lingüísticos!


   Un ano máis a Universidade de Vigo realiza un calendario ex profeso para tratrar o tema dos prexuízos lingüísticos que sofre a lingua galega.
   O ano pasado foi o ilustrador Luis Davila o seu autor, este ano é Kiko da Silva.
.

   Nesta ligazón podes descargar un exemplar do teu calendario. Pero o máis importante que podes facer é converterte nun activista que rexeite, día a día, cada un dos diferentes prexuízos lingüísticos que afectan á nosa lingua para tentar acabar con eles dunha vez por todas.