mércores, 6 de abril de 2016

Danza de Meirol


Se o candil non alumea
non se colga na parede
e o amor que non é firme
non se fai mais caso del-e.

Agora que vou marchando
as pedriñas chorarán
chorade pedras á noite
que marcho pola mañán.

Cantarei aquí ao teu lado
cantarei e darei son
xa se van aloviando
as penas do corazón.

Se o candil non alumea
non se colga na parede
e o amor que non é firme
non se fai mais caso del-e.

Vou a dar a despedida
que me parece que é ben
o pouco cantar enfada
e o moito parece ben.



Esta letra tradicional é unha das cancións do traballo KOSMOGONÍAS de BERROGÜETO interpretada por Xabier Díaz

Ningún comentario:

Publicar un comentario