martes, 6 de agosto de 2024

LETRAS GALEGAS 2025

A Real Academia Galega (RAG) personifica a homenaxe en Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía) e as Pandeireteiras de Mens, de Malpica de Bergantiños, que son Prudencia Garrido, Asunción Garrido e Manuela Lema.

“A lingua galega continuou viva e vizosa durante séculos, malia as prohibicións e a súa desaparición do espazo oficial, porque o pobo galego a custodiou. En particular, as mulleres preservaron a lingua e crearon anonimamente unha poesía popular transmitida nas cantigas das avoas ás netas, das nais ás fillas, dunhas veciñas a outras”, salienta a proposta aprobada.

Nela enlázase a celebración vindeira coa deste ano a través dun verso de Luísa Villalta que sintetiza ese herdo transmitido dunha xeración á outra:


“As coplas aprendidas na saia da avoa”.



As nosas avoas e tataravoas foron as que durante séculos conservaron a nosa literatura oral durante os Séculos Escuros, xa o Padre Sarmiento no século XVIII apuntaba a importancia das nosas mulleres como transmisoras da nosa literatura popular. Este ano farémoslles a todas a súa merecida homenaxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario