domingo, 28 de maio de 2017

DAVIDE SALVADO reinterpreta a literatura popular






Davide Salvado interpreta algúns dos seus temas incluídos no seu último disco LOBOS para o programa ALALÁ da TVG. 

De formación autodidacta DAVIDE leva media vida percorrendo as aldeas na busca de ritmos, coplas e danzas. LOBOS está composto de 10 temas cheos de amor pola tradición, por Galicia, pola súa lingua e as súas xentes. Os lobos inspiran este disco como parte da Galicia máis pura e salvaxe. Está feito dende o corazón, é un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas, que lle ensinaron a  a ser o que é. E dende esa enerxía local a súa música transfórmase nun son global.

Ningún comentario:

Publicar un comentario