Onte puiden ver esta película estonia prohibida en Rusia no recén estreado Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, NOVOS CINEMAS, que trata o holocausto estonio e emprega unha técnica narrativa moi curiosa, onde os personaxes fican estáticos e hieráticos a maior parte do filme, mentres que é a cámara a que se vai movendo entre eles nuns longos planos secuencias, acompañada dunha voz en off que nos narra a historia a través das cartas que a protagonista lle escribe ó seu home, unha vez que son obrigados a introducirse en distintos vagóns polos militares soviéticos e ela é enviada a un campo de concentración a Siberia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario