A MARALEIXA
(Blog persoal de Salo Eu sobre recursos educativos, lingua e literatura galegas.)
xoves, 7 de maio de 2026
Colchas de voces. Falamos de mitos e de Begoña Caamaño coas Fillas de Casandra
MEIGA OU RAÍÑA?
"O videopódcast, realizado por Kaito Estudios e co apoio económico da Xunta de Galicia, é unha das propostas que a Real Academia Galega concibiu para achegar a figura e a obra de Begoña Caamaño á mocidade. Conduce o espazo a xornalista Alba Mancebo, que presenta tamén a serie de reels É o tempo de Begoña Caamaño que a institución está a ofrecer nas redes sociais, contando coa colaboración doutras e doutros creadores de contidos. A primeira entrega conta coa colaboración de Leti da Taberna, que ofrece unha relectura dende o humor de Sailor Moon, protagonista dunha das icónicas series nipoas de debuxos animados que se emitiron no Xabarín Club."
Ningún comentario:
Publicar un comentario