Este texto pertence á novela Comerás flores (2026) de LUCÍA SOLLA SOBRAL (Tradución de César Lorenzo) sérvenos para analizar algúns dos prexuízos lingüísticos máis estendidos sobre a nosa lingua.
"Quizais era un arguitecto ou un comisario de arte ou un deseñador gráfico ou o amor da miña vida. Sentada coa miña nai e os meus tíos de Nova York, a ollada dese home só me abandonaba cando falaba cos mozos que o acompañaban. Falaba galego nun lugar onde falar galego está mal visto porque é de xente do mar, da aldea ou de nacionalistas. Falaba galego e falábao bonito, amodo, falábao coas mans e coa forza da súa mandíbula cadrada, falábao como se puidese mastigar cada palabra."
Ningún comentario:
Publicar un comentario