xoves, 10 de xaneiro de 2019

As cen palabras en galego para designar a CHOIVA

O galego ten moitas palabras para designar a choiva... ou a chuvia.Le esta ligazón de Galicia Ciencia.Para resumir aquí están 61 palabras galegas distintas para denominar a choiva. E outras dezaseis máis relacionadas co mesmo concepto:

  • Para chuvia feble: Babuña, Babuxa, Barbaña, Barbuza, Barrallo, Barrufa, Barruñeira, Barruzo, Borralla, Breca, Chuvisca, Chuviscada, Chuviñada, Froallo, Lapiñeira, Marmaña, Orballo, Parruma, Parrumada, Patiñeira, Patumeira, Poalla, Poallada, Poalleira, Poallo, Zarzallo…  
  • Para chuvia forte: Arroiada, Ballón, Basto, Bátega, Bategada, Cebra, Cebrina, Chaparrada, Chuvascada, Chuvasco, Chuvieira, Cifra, Ciobra, Dioivo, Treixada, Xistra, Zarracina… 
  • Cando hai raios e tronos: Treboada, Torboada, Torbón, Trebón… 
  • Se vén con neve e xeo: Auganeve, Cebrina, Cebrisca, Escarabana, Nevada, Nevarada, Nevareira, Nevarío, Nevisca, Nevarisca, Pedrazo, Salabreada, Sarabiada, Torba… 
  • Cando remata de chover: Amizar, Delampar, Escambrar, Escampar, Estear, Estiñar, Estrelampar… 
  • E cando hai condensación de auga: Borraxeira, Borraxoia, Brétema, Cegoña, Fuscallo, Néboa, Neboeiro, Nebra, Zarrazina…

"Contos de xénero"




Achegamos outro interesante recurso máis para traballar os estereotipos de xénero. As personaxes son: a muller (María), o home (Xosé) e a sociedade, os cales  representan unha pequena trama, onde aparecerán outros secundarios. 

Esta pequena historia sérvenos para repensar, unha vez máis, os roles que a sociedade escribe para os distintos xéneros, creando unhas ideas preconcebidas que se reproducen, unha e outra vez, nos distintos medios de comunicación.

Para afondar máis podemos ler este artigo: "O mito da beleza e a domesticación das nenas"

A publicidade máis machista da historia vista ó reves.



O fotográfo libanés, Eli Rezkallah, realizou unha compilación de publicade machista dos anos 50 e, literalmente, deulle a volta para visibilizar os prexuízos sexistas desa época e reflexionar sobre a forte pegada que deixou este tipo de publicidade nos nosos días.