domingo, 24 de marzo de 2019
Sés no Sánchez Cantón
O vindeiro xoves, 28 de marzo, ás 17:30, virá ao Sánchez Cantón Sés. Vai ser entrevistada no paraninfo para o programa radiofónico "Cántamo en galego" de Onda Cero.
xoves, 21 de marzo de 2019
DEBATEremos sobre as novas manifestacións do fascismo.
ASÍ SON OS VOTANTES DE ULTRADEREITA
A postura a favor será a que comece o debate. As quendas de participación dos equipos durante os debates seguirán esta orde:
● AF (A favor) Exposición inicial: 5 minutos
● EC (En contra) Exposición inicial: 5 minutos
● AF Refutación: 5 minutos
● EC Refutación: 5 minutos
● AF Refutación: 5 minutos
● EC Refutación: 5 minutos.
● EC Conclusións: 3 minutos
● AF Conclusións: 3 minutos.
O tempo indicado é o máximo que se pode utilizar en cada intervención pero non será imprescindible esgotalo. A duración total máxima de cada debate será 36 minutos.
CRONÓMETRO EN LIÑA
A postura a favor será a que comece o debate. As quendas de participación dos equipos durante os debates seguirán esta orde:
● AF (A favor) Exposición inicial: 5 minutos
● EC (En contra) Exposición inicial: 5 minutos
● AF Refutación: 5 minutos
● EC Refutación: 5 minutos
● AF Refutación: 5 minutos
● EC Refutación: 5 minutos.
● EC Conclusións: 3 minutos
● AF Conclusións: 3 minutos.
O tempo indicado é o máximo que se pode utilizar en cada intervención pero non será imprescindible esgotalo. A duración total máxima de cada debate será 36 minutos.
Os membros do equipo de debate retrucante, oradores ou investigadores, poderán interpelar a persoa que estea no uso da palabra para facer preguntas, observacións ou comentarios. Para iso deberá erguer a man unicamente quen vaia preguntar e agardar a autorización da persoa que está intervindo, coa única excepción de precisar facer unha breve puntualización á resposta que o/a orador/a estea a dar á pregunta formulada previamente; de ser o caso o xurado valorará se é unha puntualización acaída e respectuosa co/a contrario/a ou se simplemente hai afán de interromper a persoa oradora. Estas interpelacións só poderán facerse nas quendas de refutación, non nas exposicións iniciais nin nas conclusións nin tampouco no último minuto da intervención do/a refutador/a, denominado “minuto protexido”. Cada interpelación non poderá durar máis de quince segundos. A persoa oradora–refutadora contará con liberdade para conceder a palabra e para responder ou non, malia que o xurado terá en conta tanto a oportunidade da pregunta como a xestión da resposta. O cronómetro non se parará, así que, tanto a interpelación como a resposta contarán como tempo de intervención do/a orador/a.
Durante as intervencións, os equipos poderán apoiar as súas exposicións co material que considerenacaído e que se axuste ás dispoñibilidades da sala, que serán comunicadas con antelación. O tempo utilizado no manexo deste material ilustrativo ou de apoio –presentacións, imaxes, gráficos, proxeccións, vídeos etc.- contará como tempo de intervención. O xurado valorará este apoio en función a súa pertinencia ou adecuación ao tema e ás teses que se defenden.
Asemade, as persoas oradoras poderán recibir apoio do resto do equipo en forma de notas que os compoñentes lles acheguen ao atril. Nin o xurado nin o público asistente poderá facilitar información aos equipos que estean intervindo durante o debate.
Imos ver algúns exemplos de club de debate para irmos organizando o noso.
martes, 19 de marzo de 2019
luns, 11 de marzo de 2019
nAmorando
nAmorAndo from el espejo mágico producciones on Vimeo.
Este microdocumental compila unha serie de mitos e crenzas, en ocasións erróneas, sobre o amor romántico e as relacións de parella en xeral. A importancia deste testemuño radica en que é o alumnado de 4º de ESO dos colexios públicos de Pontevedra no 2014 o que nos traslada as súas ideas sobre estes temas.
xoves, 7 de marzo de 2019
"Malaxente" e "Rexurdimente"
De Rosalía para ROSALÍA DE CASTRO.
A canción "Malamente" de Rosalía dá para moitas parodias aproveitables todas para os versos rosalianos e o noso Rexurdimento literario.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
